Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

Económica

Información sobre actos de xestión administrativa, con repercusión económica ou orzamentaria, así como información estatística da Administración Xeral do Estado.

Dentro desta categoría publícase a seguinte información de carácter económico:

  • Información sobre os contratos:o seu obxecto, duración, importe de licitación e de adxudicación, procedemento utilizado para a súa celebración, instrumentos a través dos que se publicitaran, número de licitadores participantes no procedemento, identidade do adxudicatario, modificacions do contrato, desistimento e renuncia dos contratos.
  • Convenios subscritos: partes asinantes, obxecto, prazo de duración, modificacións, obrigados á realización das prestacións e, no seu caso, as obrigacións económicas convidas. Tamén se publican as encoméndas de xestión, identificando o seu obxecto, orzamento, duración, obrigacións económicas e subcontrataciones realizadas.
  • Subvencións e axudas públicas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios.
  • Información de carácter orzamentario, identificando as principais partidas asignadas aos diferentes organismos e entidades e incluíndo o seguimento da súa execución.
  • O informe anual sobre o grao de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, previsto no artigo 17.3 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.
  • Información sobre as contas anuais, así como os informes de auditoría e fiscalización dos que sexan obxecto. Retribucións íntegras percibidas anualmente polos altos cargos. A publicación realízase respecto das retribucións percibidas no exercicio inmediatamente anterior.
  • Resolucións de compatibilidade que sexan concedidas aos empregados públicos así como as autorizacións para o exercicio de actividades privadas concedidas a un alto cargo unha vez cesase do seu posto público.
  • Información de carácter estatístico que permita valorar o nivel de cumprimento e a calidade dos servizos públicos por eles prestados.